dulzaro
Dulzaro é un dos nomes clave da nova escena que fusiona música tradicional e electrónica cunha linguaxe propia e inconfundible. Influenciado por artistas tan diversos como Eliseo Parra ou James Blake, reinventa o folclore dende unha mirada vangardista e profundamente emocional.
Despois dunha xira de dous anos con Jota de la Luna —con máis de 150 concertos e escenarios compartidos con artistas como Mika, Celtas Cortos ou Tanxugueiras—, no 2025 publica o seu primeiro álbum, Ícaro. Un traballo que conta con colaboracións de David Ruiz (La M.O.D.A), Erik Urano, Mondra ou Castora Herz, e que supón un punto de inflexión na súa traxectoria: reivindicar a música de raíz cunha estética rabiosamente contemporánea.
“Dulzaro é folclore rabiosamente contemporáneo. É avidez. É luz. Non deixedes pasar a oportunidade de descubrilo.”
— Fernando Neira, xornalista e crítico musical