imagen de el buho

EL BÚHO

El Búho é o alias de Robin Perkins, un DJ británico nacido nas colinas do norte de Inglaterra que encontrou o seu fogar musical en América Latina. Museado polo dub, o IDM e a electrónica, fusiona estes sons con ritmos e melodías do folclore latinoamericano, complementadas con sons da natureza como o canto dos paxaros, o crujir das follas e a auga correndo.

Tras estudar Latinoamericanismo na Universidade de Glasgow, viveu en Argentina, México e actualmente reside en París. A súa experiencia polo continente e a súa formación sonora conflúen nun estilo íntimo, enraizado e ao mesmo tempo altamente innovador.No seu repertorio destacan traballos como Balance (2017), Camino de Flores (2018) e Ramas (2020), ata chegar a Cumbias Imaquinarias (2025) .

Paralelamente á súa carreira musical, é un activista comprometido coa defensa do medio ambiente. Traballou durante máis de oito anos con Greenpeace e lidera proxectos como A Guide to the Birdsong, no que mestura música con reivindicación ecolóxica e recadación de fondos para a preservación de aves en perigo.

En Maré, El Búho trae unha viaxe sonora sensible e envolvente, unha proposta na que o natural e o electrónico dialogan para crear imaxes, memoria e beleza sonora.

VENRES 26.09 | DÍA EUROPEO DAS LINGUAS