EL NIDO
El Nido é un quinteto burgalés que reinventa o folclore contemporáneo desde unha verbena modernizada e desenfadada. As súas cancións parten dos ritmos tradicionais de Castilla y León —panderetas, charros, jotas, latas de pimentón—, pero con mirada universal, como palpitacións colectivas reinterpretadas en clave actual
Tras estrear o álbum Refugios a cielo abierto (2022) e percorrer case 200 escenarios, en 2025 publicaron La Constancia, unha obra vitalista e festiva que fala de comunidade, identidade e resistencia emocional O seu son vive e medra no directo: tanto en prazas rurais como en grandes escenarios, a banda transforma cada actuación nunha celebración compartida
En Maré, El Nido constrúe un espazo onde a tradición non só se conserva, senón que se baila, se canta e se reinventa. Porque a cultura popular non é museo, é marea viva.