AMANCIO PRADA & REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
MÉRCORES 20 SETEMBRO
Por vez primeira, o histórico cantautor Amancio Prada presentará coa Real Filharmonía de Galicia a versión sinfónica dos Seis Poemas galegos de Federico García Lorca, coa orquestación e dirección de David Fiuza e a colaboración especial do Coro Cantigas e Agarimos.
Este concerto inaugural será a primeira vez que se poidan escoitar os poemas galegos de Lorca en versión sinfónica, sendo a segunda vez na historia que colaboren Amancio Prada e a Real Filharmonía de Galicia. “É unha obra pensada como unha suite, unha obra única e contínua en seis movimentos, fluindo coa mesma naturalidade que amosou Lorca”, afirma Prada sobre este traballo que considera “unha homenaxe a Galicia e á súa alma”.
O prato forte deste espectáculo será a estrea sinfónica dos poemas de Lorca, mais terá unha primeira parte tamén cargada de emoción. O motivo é que suporá a primeira das actuacións da xira “Celebrando 50 anos desde Vida e Morte”, na que Amancio Prada lembrará este disco fundacional. Deste xeito, haberá unha parte para a celebración e outra para reivindicar un prolífico traballo creativo que segue mirando ao futuro.
Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mare@mare.gal