MOLIMO
VENRE 22 SETEMBRO
Concerto by MATE, o Festival de Música, Arte, Tecnoloxía e Educación.
Chefa Alonso, improvisadora, compositora e docente, ofrecerá un concerto co seu trío de improvisación libre Molimo, con motivo da presentación do seu libro: Improvisación libre. A composición en movemento (nova edición ampliada. Editorial Cántico, 2023).
Na formación acompáñana Cova Villegas e María Prado, xunto á artista convidada Marina Oural. Integrará, na improvisación a catro, textos da escritora e improvisadora galega, así coma poemas propios e o que dispoña o azar e a maxia do encontro.
Agardamos por vós o vindeiro venres 22 de setembro no Salón Teatro.
Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mare@mare.gal