NIDIA GONGORA + FADO BICHA
DOMINGO 24 SETEMBRO
Concerto by MATE, o Festival de Música, Arte, Tecnoloxía e Educación.
A mestra colombiana Nidia Gongora actuará da man da recoñecida DJ e produtora Tatiana ‘Tatitron’ Soto, presentando un repertorio dos seus éxitos musicais máis destacados, coa súa característica proposta de música do Pacífico dende a electrónica.
Fado Bicha, un proxecto musical e activista creado e desenvolvido por Lila Fadista, na voz e nas letras, e João Caçador, en instrumentos e arranxos, explorarán sen precedentes o universo do fado, superando as ríxidas barreiras de xénero do fado tradicional e creando narracións para temas que aínda non foron expresados.
Agardamos por vós o vindeiro domingo 24 de setembro no Teatro Principal para gozar das músicas destas dúas artistas reivindicativas e performáticas.
Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mare@mare.gal