Bonaval

Espazos

/ Parque de Bonaval / Parque de Bonaval
/ Parque de Bonaval / Parque de Bonaval

Concertos programados no Parque de Bonaval.

Aquí tes a selección de eventos que se celebrarán nesta zona verde de Compostela. 
Os concertos do venres 24 trasládanse ao auditorio do Colexio La Salle por mor da metereoloxía.
Xoves 23 : 21:30H
Parque de Bonaval

Albert Pla

O recoñecido e polifacético artista, con máis de 25 anos de traxectoria na música, o teatro ou o cine, volve a Compostela co seu último espectáculo, ¿Os acordáis?, título dunha das últimas cancións que compuxo durante a pandemia, unha composición tan longa coma o tempo que durou o confinamiento.
En ¿Os acordáis? veremos un Albert Pla en estado puro, reflexionando con ironía sobre o impacto que a crise do coronavirus tivo a nivel mundial, con esa forza que ten para teatralizar as súas cancións e conseguir un espectáculo dunha poética inusual, devastadora e electrizante.

Abono Venres 24
Parque de Bonaval

Abono Venres

19:30H

ESCENARIO CULTURAS 360º

Nación Ekeko

Dende Arxentina, a fusión de sons andinos, latinos e africanos co house, o dub e a tecnoloxía ao servizo da improvisación fan da súa música unha viaxe sonora única na que “Los indios nos están contemplando”. Nación Ekeko nace do encontro con personaxes latinoamericanos, de cantos e recitados compilados; un percorrido musical que atravesa de punta a punta as veas abertas de América Latina, cun directo que convida á interacción constante co público, nun encontro que celebra a vida a través do ritmo e a danza colectiva. Diego Pérez é o músico, compositor e produtor detrás de Nación Ekeko, que presentará Qomunidad, o novo disco lanzado a finais de abril.

20:30H

ESCENARIO CULTURAS 360º

Jéssica Caitano e Luana Flores

Nada en Triunfo, no interior de Pernambuco, Jéssica é unha artista polifacética. Cantante, compositora, rapeira, percusionista, poeta-declamadora, educadora de arte e activista LGTB+, está implicada en numerosas iniciativas culturais e sociais no seu país. En 2019 produciu xunto a Guirraiz o EP Reboco. Caitano estará acompañada da beatmaker, dj, percusionista, intérprete e compositora, tamén referente na escena musical brasileira por desenvolver un traballo innovador que abrangue temáticas como xénero, sexualidade ou territorio. Cofundadora do grupo feminista paraibano Coco das Manas, Luana pon o foco na fusión entre o electrónico e os ritmos da cultura popular do norte do Brasil, como ferramenta social para o empoderamento feminino. En outubro de 2020 lanzou xunto a Jéssica Caitano o videoclip Reza.

21:30H

ESCENARIO FESTGALICIA

Ferrán Palau

O músico barcelonés de pop escribe e describe a súa historia coma unha paisaxe que xira a ritmo tranquilo, sosegado, pero implacable, o mesmo que a súa música. O easyloving e as canciones de amor tórnanse aínda máis sinceras en Parc, o seu quinto disco. Desta volta atoparemos un amor que doe un pouco máis, que arde con maior intensidade; un amor seducido polo minimalisto e os sintetizadores que nos guían, a paso lento, a través do seu imaxinario.

22:30H

ESCENARIO CULTURAS 360º

Bia Ferreira

Multi instrumentista, intérprete, compositora, arranxadora, produtora musical e activista, Bia Ferreira naceu no interior de Minas Gerais (Brasil) e iniciou os seus estudos na música aos 3 anos. Concibe a súa arte como MMP: “Música de Mulher Preta”. Comezou a comunicarse artisticamente para educar, concienciar e informar as persoas sobre as demandas da loita antirracista en Brasil, así como temas relacionados co movemento LGTB e o amor afrocéntrico. As súas cancións son de lectura obrigada para o acceso á educación secundaria e superior.

23:30H

ESCENARIO FESTGALICIA

Verto

O dúo de pop con influencias do trap e o R&B máis actual, composto por Alberto Mira “Berto” e Fernando Peleteiro “Fer”, presentarán o seu novo traballo Embora, un EP de 14 cancións convertidas xa en auténticos himnos de pop electrónico para toda unha xeración.

Sábado 25 : Dende as 12:00H
Parque de Bonaval

PSYCHOPICNIC

Colectivo Límites e Nuria Vil.

Bujiwa

Bujiwa é un territorio de investigación (íntimo & expandido entre o ruído, a palabra & a imaxe — idealizado (entresoñado) por wladimir vaz. Bujiwa conta coa colaboración intermitente de Elena Balboa e xa contou coas colaboración da cantora & bandoneísta Taborda, do editor Jonas Reis, das/dos poetas Maria Azenha, Pedro Loureiro, Moncho Iglesias Míguez, Bibana Bernal, Cristina Florescu, Judite Canha Fernandes e Rafael Mendes.

Xabier Xil & VELPISTER

Xabier Xil Xardón (Morgade, 1983). Publicou os poemarios Cando menos a derrota (2009), Detéxtonos (2018J e 0 contaxio (2019). Canda o Samuel L. Paris escribiu Oceanografía de interior (pararaparis.wordpress.com). Parte da súa obra apareceu en revistas, antoloxías e volumes colectivos, como Dorna, Letras Novas, Premio da Universidade de Vigo (2006, 2008, 2011), A cidade na poesía galega do século XXI (2011) ou 13. Antoloxía da poesía galega próxima (2017). Para alén de Finda, colaborou nos colectivos Rede Escarlata, Poetas da Hosti e Tristecentos versos.

Pianista, compositor, improvisador, pintor, narrador, poeta, actor, contacontos e pallaso Velpister naceu en Barcelona en 1970.
Podemos dicir que Velpister é un axitador cultural, performer e activista da arte. Realiza multitude de instalacións, happenings e actualmente alterna o seu labor concertista co seu espectáculo solista Piano Salvaxe e o grupo de sound-art e música experimental ORDET.

Costa Escura

Formouse na primavera de 2018 nos restos do planeta Terra. Costa Escura interpreta kraut kosmische ecléctico emocional e o proxecto ábrese á experimentación e espontaneidade.
Compartimos o espírito das bandas anti schlagers alemás dos anos 70.
0 primeiro álbum é unha homenaxe á poesía dadaísta, concretamente á obra Ursonate de Kurt Schwitters.
Somos: Pablo Muñíz (baixo), J, Charlee (sintetizadores e efectos, Olsen Manuel Lima (guitarra), Leandro Deltell (percusións).

 

Nuria Vil

(Vigo, 1993) Palabra falada / spoken word / poesía escénica. Desde 2016, desenvolve o seu traballo en propostas sempre vencelladas á oralidade. Ten colaborado con cineastas e creadoras visuais, músicas, ilustradoras, bailarinas e actuado en multitud de espazos curiosos. Imparte cursos de spoken word, poesía escénica ou escrita creativa. Algúns dos seus poemas están publicados en distintos fanzines e tamén nas antoloxías Dentes para a mazá (Ed. Chan da Pólvora, 2018) e Trobeir*s do S.XXI (Ed. Chan da Pólvora, 2019). Forma parte da plataforma de crítica literaria A Sega.

13:00H

Pajarito

A chegada dunha pallasa a unha illa, onde sobrevivir é naufragar. Isolada é unha aventura chea de ilusión, xogo, imaxes. Todo cambia a cada instante, porque con todo se pode xogar, co presente, coa realidade que se vive. A soidade, a ensoñación dun cabaré bailado cunha carretilla feita persoa, a aparición dun nativo co que compartir un futuro quizais non desexado. Contradicions eternas do ser humano, instintos básicos, a risa e a poesía como fío entrelazador de historias.

16:30H

Norma Ávila

Compositora, maestra de guaraní, emprendedora de diseño e yerbatera, Norma Ávila viviu varios anos en Europa, antes de volver ás raíces en Paraguai. Tras trece anos de labor con pobos nativos empezou a compoñer cancións inspiradas na selva, onde vive a xente coa que traballa. Levou ao vivo este material xunto á agrupación Pynandi, onde canta acompañada dos irmáns Alejo e Leandro Jiménez. Considérase “cultureña”, denominación que recibe quen traballa coa cultura orixinaria, e dedica moito tempo a compartir experiencias con persoas maiores dos pobos Ishir, Pai Tavytera e Ava Guaraní, entre outros. As súas cancións xurden da inspiración deste encontro coa raíz.
En maré 21, Norma Ávila conducirá unha cerimonia do mate, infusión feita a base de herba mate e auga á que se lle atribúen propiedades curativas. Durante a súa realización, Ávila cantará cancións e contará historias xurdidas da inspiración selvática durante os seus encontros cos maiores Ava Guaranís acompañada doutros participantes no festival.

17:00H

Carlos Santiago

O escritor, dramaturgo e músico compostelán é o responsable da coordinación de contidos de maré_arte. Dentro dese apartado, Carlos Santiago trae a esta edición Novela de Bonaval, un proxecto de literatura en acción ou roteiro literario que se desprega espacialmente en tres capítulos localizados en diferentes puntos do parque, a partir da memoria emocional da cidade.

Abono Sábado 25
Parque de Bonaval

Abono Sábado

18:00H

ESCENARIO FESTGALICIA

Néboa

Logo de publicar un EP e varios sinxelos, o quinteto lanzaba a finais de 2020 o seu primeiro longa duración, A realidade Enganosa. A súa interesante proposta musical combina a canción tradicional galega co pop alternativo e a indietrónica. O resultado: un pop-folk con toques de electrónica que pode recordar a Radiohead, Nadadora, Le Mans, Pauline en la Playa ou Nosoträsh. Publicado polo selo raso, o disco está cantado en galego e portugués e foi gravado e producido por Lucas de Centi, no estudio do Náutico de San Vicente, e Hevi no Laboratorio Soyuz. Veñen de levar o premio a mellor álbum en galego nos premios MIN 2021.

19:00H

ESCENARIO CULTURAS 360º

María Alice
& Jon Luz

Jon Luz e Maria Alice son dous auténticos tesouros vivos da cultura de Cabo Verde e dúas referencias ineludibles da morna, a canción de equilibrio doce e melancólico que foi distinguida como Patrimonio inmaterial da humanidade pola Unesco. Jon Luz, alma e cerebro do Tejo Bar, músico, compositor e produtor multiinstrumentista, e a recoñecida intérprete de mornas e koladeras, Maria Alice, únense en Força Irmon, un disco que alén de clásicos de Paulinho Vieira ou B. Leza inclúen unha chea de orixinais que parten da sofisticada tradición de Cabo Verde mais estenden o seu ollar cara o Brasil; melodías envoltas nunha clase absolutamente atemporal, tan fresca no seu rigor acústico como moderna na súa intención innovadora.

20:00H

ESCENARIO CULTURAS 360º

Japa System

O percusionista natural de São Paulo (Brasil), chegou a Bahía con 8 anos. Aos 12 atopouse coa música, e sendo adolescente converteuna en profesión. Co grupo cultural brasileiro Bahía Brasil estivo de xira polo Xapón durante un ano. Volvería dúas veces máis ao país asiático para adquirir coñecementos musicais e culturais, de aí o seu nome artístico. Tamén integrou bandas como Terra Samba, Timbalada ou Banda S.O.J.A., entre outras. Con BaianaSystem, gañadora do 28º Premio da Música Brasileira e dous Grammy latinos en 2017 e 2019, actuou en festivais coma Lollapalooza e Rock in Río. Noutros proxectos paralelos comezou os seus experimentos para crear un sistema que lle permitise novas posibilidades musicais, con artificios tecnolóxicos e así xurdiu o setup musical Nave System. Coas posibilidades que lle ofrece, en maio deste ano Japa sacou o seu primeiro disco en solitario, Sistema Percussivo Integrado, que trae agora á maré 21.

21:00H

ESCENARIO CULTURAS 360º

Elkin Robinson

Natural da illa caribeña de Old Providence, Elkin Robinson é un cantautor, músico e produtor de «Caribbean Folk», un son que nace da combinación de diferentes ritmos e estilos caribeños como o mento, calipso, polka e folk. As súas composicións están influídas pola cultura, o estilo de vida e a natureza da súa illa e nelas alaba o mar, a pesca, as relacións humanas e elementos da natureza coma o sol. As letras están na súa lingua materna, o inglés crioulo, un idioma nado da diáspora africana co Caribe e caracterízanse polo seu positivismo e ánimo edificante. Actualmente, Elkin vive en Mallorca coa súa familia. A súa formación en España está conformada por músicos locais no baixo eléctrico e percusións e Elkin coa súa guitarra, voz, composicións e arranxos. Os seus últimos lanzamentos son dous sinxelos: “Heaven in the mountain” e “Looting beyond dih Cosmos”. É embaixador da marca país Colombia.
22:00H

ESCENARIO FESTGALICIA

The Dub Yard presenta High Paw ft. Javier Vicalo

A singjay (cantante e MC) de Vigo, High Paw fará en maré 21 un set de Dub, acompañada por Laura Mercy nos coros. Nos controis estará o coñecido produtor de reggae do estudio The Dub Yard Records Javier Vicalo. O show mesturará dub en directo combinando as instrumentais co repertorio de líricas de High Paw e a súa banda Elephants Yard.

© Fotos Bea Saiáns

23:00H

ESCENARIO CULTURAS 360º

Mad Professor

DJ, produtor, percusionista e cantante da Güiana, quen fora discípulo de Lee Perry e un dos músicos máis influentes de dub, tamén é un artista recoñecido fóra da comunidade reggae. Amais dunha ducia de discos propios, ten remesturado rock, R&B e música electrónica, con versións de temas para Sade, the Orb, the KLF, the Beastie Boys, Jamiroquai, Rancid e Depeche Mode, entre outros. En 1995 remesturou por completo o álbum Protection de Massive Attack, titulándoo No Protection.

00:00H

ESCENARIO FESTGALICIA

Familia Caamagno

O quintento de Sigüeiro volven máis bailongos e enerxéticos ca nunca co seu novo traballo discográfico Había que intentalo, un EP no que despregan todo un compendio de melodías pop, ritmos frenéticos e retrousos coreables co único afán de facer bailar a mocidade.

Domingo 26 : Dende as 12:00H
Parque de Bonaval

ESCENARIO CULTURAS 360º

Maré celebra o
Día Europeo
das Linguas

En colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, maré celebra o Día Europeo das Linguas coa convicción de que a diversidade lingüística é unha ferramenta esencial para chegar a unha maior comprensión intercultural e tamén un elemento chave na rica herdanza cultural internacional

12:00H

Títeres Cachirulo

Xan Laranxal e a macaquiña Kiku presentan esta grande aventura que comezou hai cincocentos anos máis ou menos, cando, nun lugar do camiño, Gaiferos se encontrou co Demo, que o desafiou ao xogo da Oca.
Tivo sorte cos dados o peregrino e gañoulle a partida ao do inferno, que percorreu todo o Camiño facendo falcatruadas e maleficios para detelo.

13:00H

Berlai

O proxecto musical creado por Xiao Berlai está baseado nunha música sen complexos, que bebe directamente da tradición galega, do indie-pop, do rock e da música electrónica. As letras das súas cancións nacen como imaxes obsesivas do universo galego, onde as berzas son urbanas e o millo necesita de baliza policial. Berlai é indie rururbano, como consecuencia lóxica á música posbravu, e así se transmite nos seus dous discos: Desconhecido e Cas Berlai.

14:00H

Suilma Aali

Formada sobre o escenario tras incontables concertos e traballos de estudio con artistas de renome do Estado español, a artista hispano-saharauí vai do nu soul ao reggae, facendo unha delicada ruta polo jazz e o pop máis actual. O seu ton, a súa forma de fluír e a forza que desprega en cada concerto fana única. Tras anos compoñendo con mimo, Suilma presenta agora o seu primeiro traballo en solitario, Aali, un álbum moi persoal composto por dez obras mestras nas que se coidan todos os detalles.

16:00H

Davide Salvado

Unha das voces máis carismáticas do noso país, que pasou media vida percorrendo vilas galegas na procura de ritmos, cancións e danzas, actuará na maré 21 acompañado das harmonías de Cibrán co seu violín e as composicións de Fergus para crear un son nostálxico e máxico que fala do abandono rural e destaca a importancia de ter terras con xente e cancións con voz.

17:00H

María Alice
& Jon Luz

Jon Luz e Maria Alice son dous auténticos tesouros vivos da cultura de Cabo Verde e dúas referencias ineludibles da morna, a canción de equilibrio doce e melancólico que foi distinguida como Patrimonio inmaterial da humanidade pola Unesco. Jon Luz, alma e cerebro do Tejo Bar, músico, compositor e produtor multiinstrumentista, e a recoñecida intérprete de mornas e koladeras, Maria Alice, únense en Força Irmon, un disco que alén de clásicos de Paulinho Vieira ou B. Leza inclúen unha chea de orixinais que parten da sofisticada tradición de Cabo Verde mais estenden o seu ollar cara o Brasil; melodías envoltas nunha clase absolutamente atemporal, tan fresca no seu rigor acústico como moderna na súa intención innovadora.

18:00H

AILÁ

Fraguada nas noites de foliada da Casa das Crechas, e inspirada nos arquivos sonoros e cancioneiros populares, Ailá agroma na primavera de 2021 disposta a achegar ao público a música de raíz e a súa enerxía universal. Co tradi por bandeira, e cun repertorio que aposta pola hibridación das músicas populares con sonoridades actuais, Ailá quere abrir novas sendas para espallar o amor polo baile e a música tradicional. Os soltos, os agarrados, as xotas, os valses… desde as agrupacións folclóricas até as charangas que conforman a identidade colectiva. E a chave da súa fórmula é tan precisa como a obviedade da que parte a súa premisa: o baile é inseparable da música festiva.

Non quedes
sen a tua entrada.
Mercar.

Inicio Desplazar View