Teatro Principal

Espazos

/ Teatro Principal / Teatro Principal
/ Teatro Principal / Teatro Principal

Concertos programados no Teatro Principal.

Aquí tes a selección de concertos que terán lugar neste espazo.
Xoves 23 : 20:00H
Teatro Principal

Luiz Caracol

O músico, intérprete e compositor nado en Elvas vén de editar só.tão, o seu EP máis recente mentres prepara o lanzamento do seu novo espectáculo que verá a luz este 2021. Autor cunha identidade moi persoal, froito da influencia entre a cidade de Lisboa, na que reside, e a ligazón cultural cos principais países de lingua portuguesa, ten contado coas colaboración de nomes tan destacados como Sara Tavares, Fernanda Abreu, Jorge Drexler, Mia Couto, Aline Frazão, Edu Mundo ou José Luis Peixoto.

Venres 24 : 20:00H
Teatro Principal

Mira é Marta Miranda (OqueStrada)

MIRA é o novo proxecto da lisboeta Marta Miranda, excompoñente da formación de fado OqueStrada. Baixo este nome estrea en maré 21 o seu novo espectáculo en solitario.

© Fotos Stephane Bechaud

Sábado 25 : 13:00H
Teatro Principal

Maleducadas

Maleducadas

Nacho Muñoz, Chefa Alonso e Marina Oural, tres artistas de mundos moi diversos, únense para dar a luz este proxecto nado entre o Val de Lourenzá e o occidente asturiano. Voz, piano, saxo, percusión, poema, conversa, emocións, corpo, mazás, moa de afiar e unto son algúns ingredientes dun guiso escénico que se estreará neste maré 21.

Non quedes
sen a tua entrada.
Mercar.

Inicio Desplazar View