ESPAZOS

Cada espazo do Maré ten a súa propia alma.

Percorre os lugares que fan de Compostela un escenario vivo.

Descobre

SALA CAPITOL

A Capitol é un espazo emblemático da noite compostelá onde a música se vive de pé, de fronte, sen intermediaros. Aquí a festa e o baile convértense nun acto colectivo e, nalgúns casos, reivindicativo. A Capitol acolle os concertos máis eléctricos, irreverentes e vibrantes da programación de Maré.

Programación:

Mércores 23: Aterciopelados

Xoves 24: Zeltia Irevire | Bia Ferreira

Venres 25: Omar Souleyman

Sábado 26: Cuba canta en Maré

Domingo 27: De Zemambiquo a Zigala: Cheny Wa Gune + A Pedreira

Teatro Principal

O corazón escénico de Santiago. Coa súa arquitectura histórica e atmosfera íntima, o Teatro Principal é un espazo perfecto para espectáculos de escoita atenta e posta en escea pensada ao detalle. 

Este recinto acolle concertos exclusivos, proxectos especiais, estreas e propostas que piden outro ritmo, outra forma de mirar. 

Programación: 

Mércores 23: Magalí Sare e Vox Stellae

Xoves 24: Haydée Milanés & Javier Colina

Venres 25: Marcos Coll

Sábado 26: Ala.ni 

Sala Riquela

Riquela é un espazo íntimo e cálido no que cada interpretación é un encontro próximo entre artista e público.

Nesta sala celebramos concertos pequenos en formato pero grandes en impacto emocional: propostas coidadas, acústicas e de gran calidade que non deixarán indiferente a quen as escoite. 

Programación: 

Xoves 24: ARAPUCAGONGON 

Venres 25: Josyara

Igrexa da Universidade

En pleno casco histórico de Compostela, a Igrexa da Universidade é un espazo que respira historia, arte e espiritualidade.

Construída no século XVIII e vinculada á Universidade de Santiago (USC), este templo de estilo barroco acolle cada ano concertos que exploran a beleza da palabra e o son nun ambiente íntimo e envolvente.

Durante o Maré, convértese nun escenario privilexiado para propostas musicais delicadas, de raíz e cun forte compoñente emocional. Un lugar onde o tempo se detén e a música cobra unha nova dimensión.

Programación: 

Venres 25: Trilitrate

Sábado 26: Camille & Matthieu Saglio | Faia 

Domingo 27: Misa “O Bosque Negro” de Alejandro Vargas e Gino Sitson

Praza de Mazarelos

Unha praza con historia, aberta, viva. Mazarelos é o pulmón ao aire libre do festival, con concertos gratuítos onde a diversidade cultural se celebra en plena zona vella. Aquí a marea chega sen entradas: con presenza basta.

Programación: 

Venres 25: Expresso Transatlântico, Indus

Sábado 26: Lideira, Casapalma, Shooglenifty, Jupiter & Okwess e Djiiva Dj Set

Casa das Crechas

A Casa das Crechas leva décadas sendo espazo de encontro, escenario vivo e fogar para artistas locais e internacionais. Aquí a cultura non se exhibe: vese, escóitase, celébrase.

Nesta edición do Maré, as Crechas acollen propostas que van dende o jazz á música electrónica: o lugar no que o festival remata bailando cada xornada. 

Programación: 

Mércores 23: A Banda das Crechas

Xoves 24: David Regueiro Trio feat. Thomas Kretzschmar | Martin Bruhn Dj Set

Venres 25: DJ Daasanach

Sábado 26: DJ Mil

Domingo 27: Sumrrá e Péter Sélek

CSC Maruxa e Coralia

O CSC Maruxa e Coralia, inaugurado en 2022 no casco histórico de Compostela, é un centro sociocultural pensado como espazo de encontro para a veciñanza e asociacións locais. Ofrece dende obradoiros variados a actividades culturais como concertos, teatro ou exposicións. 

Situado nun edificio rehabilitado con xardín, rende homenaxe a Maruxa e Coralia, “As Marías”, figuras icónicas da cidade pola súa resistencia durante a ditadura e recoñecidas como símbolo laico, republicano e feminista. 

Na súa honra, o Maré programa neste espazo tres propostas encabezadas por mulleres fortes que se están a abrir paso no panorama musical. 

Programación: 

Xoves 24: Las nietas del Charli

Venres 25: Gloria Pavía e Rafa Morales

Sábado 26: María Marín

A Casa das Máquinas

A Casa das Máquinas, situada no barrio de Galeras de Santiago de Compostela,

é un edificio histórico construído en 1919 como estación transformadora eléctrica pola Cooperativa Santiaguesa, deseñado por Jesús López de Rego.

Tras un longo proceso de rehabilitación, inaugurouse en 2024 como espazo municipal polivalente, cultural e social, conservando o seu valor patrimonial propio da arquitectura industrial de principios do século XX. 

Programación: 

Domingo 27: O Verso Liberado 

Auditorio de Galicia

Punto de referencia da cultura musical e artística en Galicia. O Auditorio de Galicia, deseñado por Julio Cano Lasso, foi inaugurado no ano 1988 coa finalidade de acoller o groso das actividades culturais de Compostela. 

A súa construción supuxo a creación do estanque-espello no que se reflexa a arquitectura do edificio, e a recuperación do entorno circundante, que pasou a converterse nunha das zonas verdes urbanas máis valoradas: o parque da Música.

Programación: 

Sábado 26: António Zambujo