Auditorio de Galicia

Espazos

/ Auditorio de Galicia / Auditorio de Galicia
/ Auditorio de Galicia / Auditorio de Galicia

Concertos programados no Auditorio de Galicia.

Aquí tes a selección de concertos programados neste espazo.
Venres 24 : 21:00H
Auditorio de Galicia

Ladilikan - Trio da Kali coa Real Filharmonía de Galicia

A agrupación de música de Malí, Trio Da Kali reunirase en maré 21 coa Real Fhilharmonía de Galicia nunha asombrosa actuación inédita. O trío de destacados músicos da cultura mandé do sur de Malí, actuarán nunha coprodución da Real Filharmonía de Galicia e maré coa Orquesta da RadioTelevisión Noruega e o festival Oslo World. Para este proxecto, Paul Daniel director da RFG realizou arranxos instrumentais para corda sobre música orixinal de Jacob Garchik escrita para o disco Ladilikan de Trio da Kali- Kronos Quartet (2017); unha exploración artística única, sen límites, que leva o repertorio musical de hai séculos cara a unha viaxe fascinante a través de sons atemporais.
Estamos ante o que será, sen dúbida, un encontro memorable.

Sábado 25 : 20:30H
Auditorio de Galicia

Maria Arnal
i Marcel Bagés

Dous anos e medio despois de pechar a xira de 45 cerebros y 1 corazón (2017), Maria Arnal i Marcel Bagés estrean o seu novo álbum, Clamor. Neste traballo, o dúo catalán redimensiona o concepto de tradición e introdúceo definitivamente no mañá. Pop mutante que resulta dun proceso creativo capaz de conxugar a memoria lírica de Rodoreda e Verdaguer coas mitoloxías especulativas de Donna Haraway e Ted Chiang, o eco de Violeta Parra e Björk, a colaboración de Kronos Quartet e Holly Herndon.

Domingo 26 : 19:30H
Auditorio de Galicia

Gala Cantos na Maré: BUMBA. De Zigala a Zemambiquo... As viaxes de Narf

Co ánimo de intercambio creativo, divulgación da diversidade cultural, e difusión do legado de Fran Perez “Narf”, cando se cumpren cinco anos do seu pasamento, en maré 21 conectaranse unha vez máis Galiza (Zigala) con Mozambique (Zemambiquo), segundo a expresión creada na linguaxe imaxinaria de Narf. Contando coa súa familia artística, na gala de clausura Cantos na maré artistas de Galiza e dos territorios africanos de fala galego-portuguesa darán vida de novo a este espectáculo colaborativo tan querido por Narf.

Non quedes
sen a tua entrada.
Mercar.

Inicio Desplazar View