Expresso Transatlântico

Música tradicional portuguesa con influenzas contemporáneas · Portugal

Venres 25 de setembro · Praza de Mazarelos

Ideólogos da “Cadeirada”, que integra funaná, a influencia eléctrica de Marc Ribot, o fado e incluso a elegancia barroca de Tindersticks, este trío lisboeta leva tres anos colleitando eloxios alí onde vai grazas ao impacto de “Ressaca Bailada” (2023),o seu primeiro LP. O mesmo no que Sebastião Varela, Gaspar Varela e Rafael Matos reproducen un son único transcontinental que estende os seus tentáculos ate as orixes familiares de Varela, que chegan ata figuras icónicas da música lusa como Amália Rodrigues e Celeste Rodrigues peroque tamén se adentra nunha dimensión cinematográfica de cancións con hipnótica rítmica en cinemascope, que no cara a cara do directo alcanzan poderosas cotas de abstracción.

Por todo isto, seguramente, EXPRESSO TRASATLÂNTICO é unha das propostas máis relevantes do páis veciño nestes últimos anos, unha oportunidade única de adentrarnos no seu particular hábitat natural.

Texto por: Marcos Blanco Gendre.

Entrada de balde