FESTIVAL DE ARTES E MÚSICAS ATLÁNTICAS

FAQs

Desde a organización do Maré queremos ofrecerche algúns consellos para que a túa experiencia sexa inesquecible 😉


Explora a diversidade cultural: descubre novas propostas e colaboracións entre artistas locais e internacionais. Aproveita esta oportunidade para mergullarte nun diálogo intercultural enriquecedor.

Participa no activismo social: apoia iniciativas que promoven a inclusión social, o feminismo, a diversidade sexual e a sustentabilidade ambiental. Contribúe ao noso compromiso con valores sociais importantes.

Intégrate coa vida da cidade: achégate ao patrimonio coidadosamente e desfruta dunha experiencia cultural auténtica. Mergúllate na proximidade cos artistas e coa comunidade local.

Valora a cultura local: descubre e apoia as comunidades musicais emblemáticas de Compostela. Celebra a riqueza da nosa cultura local e fomenta os lazos coa nosa comunidade.

Que é o Festival MARÉ?

MARÉ é o festival de música e artes atlánticas que naceu no 2020 co obxectivo principal de crear conexións culturais entre Compostela e o mundo. A través dun diálogo intercultural, busca visibilizar a cidade e fomentar colaboracións entre artistas locais e internacionais. Alén diso, promove o activismo social, destacando a inclusión, o feminismo, a diversidade sexual e o respecto ás comunidades locais e á sustentabilidade ambiental. A integración coa vida e cos habitantes de Compostela é fundamental, aproximándose ao patrimonio coidadosamente e rexeitando a cultura dos macroaforos. Valoriza especialmente a cultura local, establecendo lazos coas comunidades musicais emblemáticas da cidade.

Contacto: mare@mare.gal Prensa: rbello@lasdos.es

Onde e cando se celebra a edición de este 2024? 

O Festival celébrase do 25 ao 29 de setembro de 2024 en diferentes espazos da cidade de Santiago de Compostela.

Onde podo seguir todas as novidades do festival? 

As incorporacións ao cartel e outras novas do festival anúncianse nesta web e nos nosos perfís de Instagram e Facebook.

Sedes oficiais do MARÉ 2024.
  • Teatro Principal.
  • Sala Capitol.
  • Club Riquela.
  • Casa das Crechas.
  • Igrexa da Universidade.
  • Praza de Mazarelos.
  • Rúas da cidade.
Que tipo de entradas podo mercar?

O programa está composto por concertos e actividades, algunhas de balde e outras con entrada. As persoas que adquiran o ABONO MAREANTE (unidades limitadas) terán acceso a tódos contidos de pago. Unha vez se esgoten estes abonos, sairán as entradas individuais para cada un dos concertos e actividades de pago da programación.

Onde podo mercar entradas para o Festival MARÉ?

Todas as entradas para os concertos do Festival MARÉ poden adquirirse a través da nosa páxina web: mare.gal/entradas.

Que fago se non me chegan as entradas para o Festival MARÉ?

En caso de que non recibas as entradas para o Festival MARÉ, podes solicitar o seu reenvío na páxina web de venda de entradas ou podes contactar co servizo de atención ao cliente do festival a través do mail mare@mare.gal.

A entrada non está ao meu nome, podo acceder ao festival?

Segundo a normativa sanitaria vixente a día de hoxe, non é necesario realizar ningún trámite ni rexistrar os nomes dos asistentes.

Como podo saber o horario do meu concerto?

A hora do teu concerto está indicada tanto na nosa web como nas entradas que adquires. A hora indicada é a de inicio do concerto e deberás acudir con antelación. A hora de apertura de portas de cada concerto está indicada na nosa web e na propia entrada.

Que debo facer se teño mobilidade reducida e desexo asistir ao Festival MARÉ?

Se tes mobilidade reducida e desexas asistir ao Festival MARÉ, hai un cupo de entradas reservadas para persoas con mobilidade reducida en cada sede do festival. Recoméndase poñerse en contacto co festival para máis detalles sobre as necesidades específicas, a través do mail mare@mare.gal.

Ofrece o Festival MARÉ algún servizo para mellorar a experiencia do público con discapacidade auditiva?

Nesta edición 2024 damos un paso máis para mellorar coma festival accesible. Tanto nos concertos da Sala Capitol coma do Teatro Principal haberá mochilas vibratorias de uso gratuito para quen as solicite alí mesmo. Contaremos cun posto informativo de accesibilidade auditiva con intérprete de lingua de signos.

Podo asistir se son menor de 16 anos?

En base á nova interpretación da Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, non é necesario levar consigo as autorizacións para menores de idade no control de accesos do evento. Tampouco será imprescindible que os menores de 16 anos vaian acompañados dun adulto responsable.

En todos os casos, recorda que debes asistir ao evento cunha entrada válida.

Que fago se o meu concerto sofre algunha modificación?

En caso de que o teu concerto sufra algunha modificación, recibirás información detallada sobre como proceder segundo o tipo de modificación. Recoméndase revisar a páxina web do festival e o teu correo electrónico para obter as últimas actualizacións.

Cal é a política de reembolso en caso de cancelación dun concerto do Festival MARÉ?

En caso de aprazamento ou suspensión por causa de forza maior, o organización porase en contacto contigo a través dun correo electrónico para determinar as opcións ou medidas que se adopten en cada caso.

Permítense obxectos como cámaras fotográficas ou gravadoras durante os eventos do Festival MARÉ?

Non poderán introducirse nos recintos nos que se celebra o festival cámaras fotográficas, de vídeo e/ou gravadoras profesionais salvo coa acreditación de prensa ou vídeo. Obtén máis información sobre como acreditarte a través de mare@mare.gal.

Podo entrar con bebida ou comida aos concertos?

Non está permitido introducir bebida ou comida en ningún dos espazos nos que se celebra o festival, xa que se tratan de recintos pechados que contan coas súas propias normativas.

Só nas actividades que se celebren en espazos abertos e ao aire libre (por exemplo, na Praza de Mazarelos) será posible acceder con comida e bebida. O recinto contará con papeleiras de reciclaxe.

O Festival MARÉ conta con opcións de comida e bebida durante os eventos?

Ao celebrarse en distintas ubicacións, cada unha delas ten as súas propias características. A continuación detallamos os servizos que pode ofrecer cada espazo:

  • Auditorio de Galicia: Bebida e comida na Cafetería Lasso (dentro do  propio Auditorio).
  • Teatro Principal: non se ofrece nin comida nin bebida.
  • Sala Capitol: Oferta de bebida.
  • Club Riquela: Oferta de bebida e comida.
  • Casa das Crechas: Oferta de bebida.
  • Praza de Mazarelos: Oferta de bebida.
  • Igrexa da Universidade (Praza de Mazarelos): non se ofrece nin comida nin bebida.
  • Rúas da cidade: Non se ofrece nin comida nin bebida.

Podes localizar todos os espazos nos que se celebran concertos e actividades do Festival MARÉ neste mapa:

Hai dispoñibilidade de estacionamento próximo aos lugares onde se celebran os eventos do Festival MARÉ?

Recomendamos algúns dos estacionamentos máis cercanos ás sedes nas que se celebra o Festival, a maioría moi próximas entre elas:

  • Belvís.
    • 6 minutos aprox. da Sala Riquela e a Praza de Mazarelos.
    • 8 minutos  aprox. da Sala Capitol, do Teatro Principal e da Casa das Crechas.
  • San Clemente.
    • 6 minutos aprox. do Teatro Principal, a Sala Capitol, a Sala Riquela, a Praza de Mazarelos ou a Casa das Crechas.
  • Praza Galicia.
    • 2 minutos aprox. da Praza de Mazarelos e a Sala Capitol.
    • 4 minutos aprox. do Teatro Principal.
    • 6 minutos aprox. da Sala Riquela.
    • 8 minutos aprox. da Casa das Crechas.

No caso do Auditorio de Galicia, este conta con estacionamento propio, tanto no exterior do edificio coma na planta subterránea. A zona é menos céntrica, polo que adoita ser máis doado atopar espazos para estacionar.

Permítese a entrada con mascotas aos concertos do Festival MARÉ?

As mascotas so estarán permitidas nas actividades realizadas ao aire libre, neste caso, os concertos na Praza de Mazarelos e outras actividades que teñan lugar na rúa.

Hai opcións de transporte público próximos aos lugares onde se celebran os eventos do Festival MARÉ?

Autobuses urbanos: a rede conecta tanto a cidade como as localidades próximas; o prezo do billete individual é de 1€. Podedes consultar as liñas e os percorridos nesta ligazón.

Taxis: é outra opción para chegar ao casco histórico da cidade desde os vosos aloxamentos. Deixámosvos webs e teléfonos a continuación:

Ofrece o Festival MARÉ algún tipo de programa de actividades para nenos ou familias?

Cada ano intentamos ofrecer  algunhas actividades dirixidas concretamente ao público familiar.

Tolerancia cero ante o acoso.

No Festival MARÉ, NON toleramos ningún tipo de acoso ou agresión física, sexual, psicolóxica ou verbal, así como calquera conducta indexada que poida xerar intimidación, ofensa, humillación ou hostilidade no marco da actividade do Festival.

Se experimentas calquera forma de acoso, por favor, comunícao a un membro do noso equipo ou a través do servizo de atención do Festival (646 370 978).