FELISA SEGADE

Felisa Segade é raíz. É voz, é pandeireta, é corpo que canta dende o fondo da terra. Representa esa forza silenciosa e teimuda coa que as mulleres galegas conservaron —e reinventaron— a tradición oral ao longo do tempo. Mestra, cantareira, pandeireteira e transmisora, leva anos facendo do canto un acto colectivo, interxeracional e necesario.

Neste concerto inaugural de Maré, Felisa dá un paso adiante. Presenta un proxecto novo, deseñado especificamente para a ocasión, onde se mantén fiel á súa esencia pero se permite explorar novas sonoridades e rexistros. Sen abandonar a raíz —porque a raíz é ela—, abre a porta a outros xéneros e instrumentos, construíndo unha paisaxe sonora que arrequece sen perderse.

A súa proposta non é homenaxe nin reconstrución: é evolución consciente. É tradición que se move, que se contamina, que respira. Felisa non interpreta a música de Galicia: dálle corpo e lla entrega ao presente con autoridade e tenrura.

MÉRCORES 24.09

SALA CAPITOL