Fémina
Arxentina
Fémina, actualmente en formato dúo, formado polas irmás arxentinas Sofía e Clara Trucco, volve aos escenarios cunha nova proposta íntima e emocionante. Esto show forma parte dunha xira que xa percorreu os Estados Unidos e que durante este ano percorrerán todo o continente americano, ata chegar a Europa.
Fémina é unha banda con letras vibrantes e conmovedoras e influencias do hip hop e o folclore latino. Orixinaria da fermosa cidade montañosa de San Martín dos Andes, na Patagonia. Estas mulleres cantan en castelán e abordan temas como o potencial humano, os sentimentos máis profundos e a igualdade. As súas cancións caracterízanse por harmonías espectaculares e química máxica no escenario, onde incorporan instrumentos e melodías tradicionais de América Latina. Cun historial de máis de 15 anos, levan xira internacional por Estados Unidos, Australia, Brasil, México e Europa e teñen tres discos editados.