Francisco, El Hombre
México / Brasil
A día de hoxe, Francisco, el Hombre, é un dos grupos independentes máis importantes no panorama musical de América Latina. A banda, formada por Mateo e Sebastián Piracés-Ugarte (México) e os brasileiros Juliana Strassacapa, Andrei Martinez Kozyreff e Helena Papini, presentan o novo disco «Hasta el Final», un traballo que é coma unha festa catártica que simboliza todo o que o quinteto construíu ao longo dos anos. O obxectivo deste momento é contemplar toda a historia do grupo a render homenaxe a unha nova etapa.
A súa música mestura a tradición da Música Popular brasileira e afro-latina con punk-rock e electro-punk psicodélico; un cóctel explosivo. A naturalidade coa que defenden o dereito á felicidade e a liberdade do individuo para autodefinir a súa identidade fai do grupo un referente para as novas xeracións e o colectivo LGTBIQ+ en Brasil.
Francisco, el Hombre remata a súa xira española con este única data en Galicia.