Germá Guerra + Teresa

Comezou a súa traxectoria no mundo da produción en Entrearte (Vigo) no ano 91. Dende aquela mantívose ligado ao mundo da música desenvolvendo traballos como o management de Milladoiro, a xerencia dos Estudos Cormorán e de Cormorán Producións, e a dirección de Nordesía Producións. Participou tamén como coordinador e asesor de loxística do Bloco de Esquerda en diferentes campañas electorais en Portugal.

No plano social sempre estivo ligado ao activismo. Entre outras actividades foi fundador da Coordinador de Colectivos Gais de Galicia en 1979, foi promotor do Encontro por Unha Marea Galega, e portavoz da Plataforma Galega de Afectadas e Afectados pola Hepatite C.