GLORIA PAVÍA E RAFA MORALES
Jazz experimental · Galicia
Venres 25 de setembro · Centro Sociocultural Maruxa e Coralia
Dende Compostela, Gloria Pavía e Rafa Morales forman un dúo partindo da linguaxe do jazz. Os gañadores do segundo premio dos XVI Premios Narf, transforman en cada concerto cancións orixinais, poesía e músicas doutras artistas en algo novo e indeterminado, grazas á súa creatividade e ás diferenzas tímbricas e de rexistro entre a voz e o baixo eléctrico.
Arriban no Maré co seu primeiro EP a dúo recén publicado, ‘Nocturno rojo’, gravado ao vivo na Casa das Crechas e misturado por Roberto Ledesma. Cinco cancións que xiran ao redor das luces, do vermello, do amor e da cidade.