imagen de guada

GUADA

GUADA presenta en Maré o seu novo traballo, Algo familiar, recentemente nominado aos Latin Grammy 2025, e convídanos a entrar nun universo sonoro persoal, maduro e honestamente emocional. Cunha carreira sólida, que transita entre o pop de autor, a canción popular e a experimentación co son e a palabra, GUADA constrúe desde a escoita e a delicadeza.

Ao longo dos anos compartiu cancións e escenarios con artistas como Jorge Drexler, Kevin Johansen, El Kanka ou Javier Ruibal, entre moitos outros. Foi finalista na primeira edición de Operación Triunfo en Arxentina, e mantivo desde entón un camiño independente, comprometido coa música como lugar de encontro e identidade. Publicou cinco álbums propios e dedicou dous homenaxes a dous dos seus grandes referentes: Luis Alberto Spinetta e Joni Mitchell.

A súa traxectoria levouna a percorrer escenarios por toda España e América Latina, desde Bos Aires ata Santiago de Chile. A súa presenza en Maré é tamén unha celebración da canción como ferramenta de memoria e emoción compartida, e un recoñecemento ao seu traballo constante, sensible e sen artificios.

SÁBADO 27.09

SALA RIQUELA | 20.30 HORAS