Haydée Milanés & Javier Colina

Canción cubana & jazz · Cuba · España

24 de setembro · Teatro Principal

Filla do icónico Pablo Milanés, Haydé Milanés chega a Maré acompañada pola lenda do baixo do jazz Javier Colina para transportarnos á Cuba clásica.

Unha viaxe de excepción onde os ritmos do silencio definen a maxia inexplicable da música cociñada a lume lento.

O fin: ser saboreada en todo o seu significado histórico a través dunha reinterpretación de clásicos do repertorio cubano.

Música elaborada dende a contención e unha interpretación que apela á profunda sensibilidade dun son que, a través da arte da pausa, suliña a apreciación de cada matiz e sutil inflexión nun ritual de maxia ingrávida.

Unha gran homenaxe á infinita riqueza da cultura cubana, que esta proverbial unión presentará dende unha perspectiva profundamente cercana.