INDUS
Electro Afro · Colombia
Venres 25 de setembro · Praza de Mazarelos
Venres 25 de setembro
Praza de Mazarelos
Dende Colombia, co peto cheo de beats mutantes, así chega este dúo electrónico a Maré, autores dun LP tan fascinante como “Negra” (2024), no que prantaron a semente dun caleidoscopio ilimitado de posibilidades.
Do reggeaton ambient ao afro sideral, no seu trepidante e onírico filtro sonoro tamén caben o latín acid, a obsesión polo detallismo de Burial e o tecno champeta. Unha explosión de músicas canalizadas nun directo abraiante no que o trance é a meta dunha experiencia tan tribal como hipnótica.
Texto por: Marcos Blanco Gendre.