Inés Portela
Xestora cultural con máis de 15 anos de experiencia na programación e produción cultural. Ata principios de 2023 foi mánager e booker de músicos, principalmente de jazz de Galicia, cos que realizou múltiples xiras polos catro continentes.
Na actualidade é socia da cooperativa cultural Mada Producións S. Coop. Galega e está centrada na programación, produción e coordinación de diferentes eventos culturais (algúns propios e outros de compañeiras/os) como por exemplo Os Xoves de Códax, Culturgal, SELIC, Maré, Festival, Repica Balboa, Premios Martín Códax da Música, Butaca de Jazz, Ames Jaz, etc.