Josyara

Música popular brasileira | Brasil

Venres 25 de setembro · Riquela Club

Josyara, cantante, compositora e instrumentista de Juazeiro, arriba no Maré para presentar o seu espectáculo AVIA Acústico. Un arrolo a ritmo de guitarra e voz doce polas cancións do seu último álbum AVIA, así como polos temas máis destacados da súa traxectoria.

Recoñecida no 2018 co premio WME á Revelación e no 2024 á mellor instrumentista, as súas composicións amosan unha mirada sensible a vida cotiá e a súa historia persoal.