Jupiter & Okwess

Afrorock · República Democrática do Congo

Sábado 26 de setembro · Praza de Mazarelos

Abandeirados do “bofenia rock”, a súa maridaxe funk-rock e jazz co ritmo mántrico herdado doutros lendarios congoleses como Konono Nº1 é unha das mostras máis representativas das conexión entre música anglosaxona e africana. Poren, o seu radio de acción tamén chega ata sons tradicionáis do seu país como o cancioneiro popular do Iyaya e o que eles consideran como “Zebola rock”, baseado nas danzas congolesas. O cóctel resultante vibra intensamente a través dunha expresividade volcánica, que ten no seu directo a explicación pola que levan máis de tres décadas incendiando escenarios de todo o globo terraqueo co seu groove imparable.

Texto por: Marcos Blanco Gendre

Entrada de balde