FESTIVAL DE ARTES E MÚSICAS ATLÁNTICAS

Lá no Xepangara

Lá no Xepangara

Portugal / Brasil / Moçambique / Angola / Galiza

LÁ NO XEPANGARA é unha homenaxe lusófona ao cantor e poeta José Afonso. Desta volta, será o espectáculo de clausura da edición 2024 do festival MARÉ.

Conmemorando os 50 anos do 25 de Abril de 1974 e coa direción artística de Manuel de Oliveira, o proxecto pretende reflectir a forte presenza da cultura africana na vida e obra de José Afonso e o seu papel na loita pola descolonización, democratización e desenvolvemento da sociedade e cultura lusófonas.

O espetáculo conta con Selma Uamusse (Moçambique), Isabel Novela (Moçambique), Edu Mundo (Portugal) , Fred Martins (Brasil), Manuel de Oliveira (Portugal) na guitarra, Dilson Pedro (Angola) na percussão, João Frade (Portugal) no acordeão e Albano Fonseca (Portugal) no baixo.

Coincidindo co 20 aniversario de Cantos na Maré, será un concerto de clausura especial no que reflectir a nosa vontade de xerar conexións culturais, que contará coa participación de diversas artistas galegas coma Uxía, A Pedreira, Faia Díaz e Carlos Blanco.