LEIDEN
Leiden é unha das voces máis relevantes da nova canción latinoamericana. Cantora, compositora, activista e socióloga cubano‑mexicana, a súa proposta artística fusiona as raíces latinas con sonoridades de vangarda, destacando pola forza poética, a intensidade vocal e unha produción rítmica de altísima calidade.
Recoñecida como Artista do Ano nos Premios Symphonic Latino 2023, conta tamén con nomeamentos aos Premios Cubadisco (Cuba), Premios Estela (Guatemala), Monster Music Awards (México, 2025) ou BIME Equity powered by Amazon Music. Ao longo da súa carreira, publicou cinco discos de estudio e un DVD en directo, colaborando con artistas como Celso Piña, Aterciopelados ou Chico César, e levando a súa música a escenarios de Europa e América Latina, pasando por países como Alemaña, Brasil, Chile, España, Colombia ou Cuba, e festivais como o Vive Latino ou o Cervantino.
Tamén é creadora de proxectos con forte compromiso social, como Volver al Corazón (con mulleres en reclusión) ou Jueves Music, primeiro selo musical de mulleres en México. A súa TEDx Líricas de libertad resume ben a súa visión da arte como ferramenta de cambio.
Este ano Leiden presenta por primeira vez en Europa o seu novo espectáculo en formato solista. Un concerto intimista e vibrante que transita entre o bolero, o pop alternativo e as sonoridades afro‑latinas, convidando o público a unha viaxe emocional e sensorial onde palabra, voz e raíz camiñan da man.