LIDEIRA

Música de raíz galega · Galicia

Sábado 26 de setembro · Praza de Mazarelos

Lideira irrompe no panorama da música tradicional galega como un sopro de aire fresco. Este cuarteto formado por Gabi Reboredo na voz e nas percusións, Lois Prado ao saxo tenor e sintetizador, Iago Ramilo ao saxo alto e Sara Méndez ao saxo soprano, ameniza os torreiros con pezas bailables e melodías pegadizas. O seu é interpretar as músicas da tradición oral cun son persoal a través da mestura de instrumentos de vento, percusións de man, voz e outras fantasías.

Entrada de balde