Lidia India
Folk atlántico | Galicia
Venres 25 de setembro · Praza de Mazarelos
Artista cunha proposta de folk atlántico onde a música de raíz galega dialoga con sonoridades do mundo. Lidia India manexa unha linguaxe propia onde tradición, emoción e celebración colectiva conviven de forma natural.
Premio Martín Códax da Música 2026 na categoría de Músicas do Mundo e Mestizaxe, presenta “Orixes”, un espectáculo en formato trío construído arredor de composicións propias. Voz, percusión, instrumentos de raíz e pinceladas de electrónica dan forma a un directo vivo, coidado e participativo, pensado para a escoita, o canto e o baile compartido.