Magalí Sare
FOLK MEDITERRÁNEO · CATALUNYA
Sábado 26 de setembro · Teatro Principal
A marea ábrese paso co universo sonoro de Magalí Sare. Esta voz prodixiosa inaugurará o festival MARÉ, no que presentará o seu novo proxecto, Descasada Vol 1. Un álbum abertamente feminista que desborda talento e sensibilidade, froito de tres anos de investigación e recompilación de cancións tradicionais de distintas culturas que dan voz ás mulleres e a súa experiencia co matrimonio.
Unha travesía sonora na que o cerne é a sororidade, o que nos conecta coa esencia da nosa querida Begoña Caamaño -a quen este ano se lle adicaron as Letras Galegas- por reinvindicar ámbalas dúas na súa obra o protagonismo radical (do étimo radicalis, de raíz) das historias de mulleres.
É o seu un traballo de comunidade musical, unha polifonía conceptual e vocal, no que o folclore iberoamericano se mestura coa música clásica, o canto coral ou o jazz; e no que conflúen cancións en 12 idiomas distintos, entre eles o galego.
Para a ocasión estará acompañada do coro de cámara compostelán Vox Stellae nunha colaboración do máis especial que envolverá ao público nunha atmosfera máxica.