MARÉ EXPANDIDO
Maré non cabe nun só escenario. Espállase pola cidade e entra nos barrios para compartir música, palabra e encontro coas comunidades que os fan vivir. Maré Expandido é o programa que leva concertos, obradoiros e actividades a centros socioculturais, casas veciñais e espazos comunitarios, achegando o festival a públicos diversos e reforzando a idea de que a cultura é un dereito de todas e todos.
XOVES 25
OBRADOIRO DE PERCUSIÓN AFRICANA CON LATEXO
+ ENCONTRO con artistas do Festival
Centro Xove Almáciga de 16.00 a 18.00
Aberto a todos os públicos. Inscrición en info@centroxove.com ou no +34 666 993 860
Concerto de Leiden
CSC Maruxa e Coralia de 18.30 a 20.00
LEIDEN é cantante, compositora, activista e socióloga cubano-mexicana. É unha das voces máis relevantes da nova canción latinoamericana, cunha proposta que fusiona raíces latinas con sons de vangarda, destacándose pola súa produción rítmica, innovadora e de alta calidade.
VENRES 26
Obradoiro de danza AFRO CON TRÓPICO DE GRELOS
CSC A Gracia de 17.30 a 19.00
Aberto a todos os públicos. Inscrición no +34 675 519 922
Concerto de Trinka
CSC Maruxa e Coralia de 20.30 a 21.30
Grupo afro-brasileiro que cruza o afrosoul e poesía lusófona con espírito colectivo e vibrante. Unha nova lectura da música brasileira contemporánea. Trinka asume o papel de ponte entre territorios e xeracións, reactivando símbolos e sons que atravesan continentes. Aposta por un espazo de reconexión coa memoria afro-diaspórica e como xesto de cura colectiva.
SÁBADO 27
Concerto de Briela Ojeda
CSC Maruxa e Coralia ÁS 17.00
Briela Ojeda é unha cantante colombiana de raíces nariñenses. É guitarrista e os seus temas visibilizan o feminismo. Música cargada de forza, poesía e sons que percorren a canción de autor, o rock e a raíz andina. Coa súa voz rachada e poderosa, Briela convida a unha viaxe sonora profunda e emocional, desde o espiritual ata o terreal, desde o íntimo ata o colectivo.
DOMINGO 28
Obradoiro de circo
con Circonove
CSC Romaño de 11.30 a 13.00
Público: de 6 a 14 anos
Prazas limitadas. Inscricións no +34 981 543 005
Cicatriz: Antón Reixa + Kirenia Martinez
“A danza como memoria, resistencia e coidado”
Sala das Máquinas ás 17.00
Cicatriz é un espectáculo único que mestura danza contemporánea e poesía para falar do corpo, da idade, da diversidade funcional e da capacidade de transformar a vulnerabilidade en forza creativa. A bailarina Kirenia Martínez e o poeta Antón Reixa comparten no escenario un diálogo que parte das cicatrices —físicas e vitais— para convertelas en arte.