MARÉ EXPANDIDO
Maré non cabe nun só escenario. Espállase pola cidade e entra nos barrios para compartir música, palabra e encontro coas comunidades que os fan vivir. Maré Expandido é o programa que leva concertos, obradoiros e actividades a centros socioculturais, casas veciñais e espazos comunitarios, achegando o festival a públicos diversos e reforzando a idea de que a cultura é un dereito de todas e todos.