MARÉ MIÚDO
Maré tamén é dos pequenos. A través de xogos, obradoiros e propostas creativas, Maré Miúdo abre un espazo para que as crianzas descubran a música, a arte e a palabra dunha maneira divertida e participativa.
SÁBADO 27
OBRADOIRO "COA FORZA NO FALAR"
con sororas.gaL
PRAZA DE MAZARELOS DE 12.00 A 13.00
Partindo dunha análise con perspectiva de xénero de coplas do cancioneiro tradicional e popular, as persoas participantes do obradoiro crearán un novo texto que recolla os conceptos aprendidos de igualdade e de non violencia.
ANIMACIÓN
con CIRCONOVE
PRAZA DA UNIVERSIDADE de 17.00 a 17.30
XOGOS TRADICIONAIS
con sororas.gaL
PRAZA DA UNIVERSIDADE de 17.30 a 19.30
Xogos tradicionais e populares, pensados principalmente para poñer a proba a axilidade mental das persoas que participen, así como fomentar o traballo en equipo.