MARÉ NA RÚA
Maré tamén se vive a ceo aberto.
Na Praza de Mazarelos, un dos espazos máis simbólicos de Compostela, o festival sae á rúa para converterse en festa popular: concertos vibrantes, bailes colectivos, obradoiros, artesanía e actividades para todas as idades.
Maré na rúa é un punto de encontro gratuíto, diverso e cheo de vida, onde veciñanza e visitantes comparten música e cultura nun ambiente aberto e comunitario. Aquí, a arte volve á súa orixe: a praza, o mercado, a rúa que acolle e conecta.