MARÉ PRO
QUE É MARÉ PRO?
Maré Pro é unha plataforma de intercambio cultural que entende a cultura como un dereito e a arte como forza transformadora. O noso propósito é impulsar traxectorias artísticas e fortalecer o ecosistema musical mediante o diálogo, a colaboración e a circulación de proxectos. A proposta concrétase en:
- Concertos e Showcases: presentacións en directo que combinan artistas consagrados con outros en fase de proxección e apertura de mercados, cun foco especial en artistas de Galicia.
- Mentorías: reunión de 15 minutos de 5 programadores invitados con 5 artistas ou bandas seleccionadas
- Presentacións de proxectos: pitchs curtos de axentes, festivais e outras iniciativas.
- Encontro profesional: reunión de profesionais con programadores/as.
Nesta edición contaremos coa participación de 20 programadores/as de 10 países. Desde Galicia abrimos unha ollada que une Mediterráneo e Atlántico, favorecendo o intercambio de artistas, espazos e rutas profesionais. É un espazo de encontro no que todas estas pezas se poñen ao servizo de oportunidades reais, sostibles e inclusivas.
PARA QUEN ESTÁ PENSADO MARÉ PRO?
Está pensado para:
- Artistas e bandas en fase de proxección, consolidación ou internacionalización.
- Axencias, oficinas de management e selos interesados en abrir mercados.
- Programación de festivais, salas e circuítos, responsables de feiras e mercados musicais, xestoras/es culturais, xornalistas e prescritoras/es.
Maré Pro naceu en 2024 como Mate Galiza ao abeiro do programa europeo MATE EUROPE.
Actualmente forma parte de UPBEAT, a plataforma europea de showcases de músicas do mundo, unha alianza de festivais que, xuntos, están a crear o futuro dunha industria musical diversa aquí mesmo en Europa.