Marexada Perkuta
Galiza
A terceira Marexada Perkuta navegará este quinto Maré polas rúas de Compostela o sábado 28, en dúas travesías sonoras cheas de arte, danza e circo, salpicando alegría e unindo os diferentes eventos que se estarán levando a cabo na cidade dentro deste escaparate de música e artes atlánticas.
Ás 11:00 da mañá zarpará da praza de Cervantes rumbo á praza de Mazarelos o primeiro dos pases da Marexada Perkuta, capitaneada por Trópico de Grelos.
Ás 19:30 da tarde e dende a praza do Toural a viaxe será coa galerna de Circonove e Violume, ardendo ao son de Latexo Percusión, que nos guiarán ata chegar á praza de Mazarelos para seguir coa festa.
Ademais de convidarvos a que nos acompañedes polas rúas de festa, non queremos deixar de aproveitar a ocasión para denunciar o xenocidio que Israel está a cometer contra Palestina, así que tamén vos chamamos a que vos unades. Gustaríanos que todas as persoas que formen parte da Marexada Perkuta mostren o seu apoio a Palestina portando unha kufiya.
ACTIVIDADE GRATUÍTA