María José Pámpano
Músico, creadora, xestora cultural e axente freelance de Santiago de Compostela.
Con formación en violín e xestión cultural, desenvolvo a miña traxectoria profesional en ambos ámbitos, combinando a práctica artística coa representación e impulso de proxectos musicais.
Ademais de desenvolver e impulsar os meus propios proxectos artísticos, teño a satisfacción de representar algunhas das propostas máis innovadoras e singulares da escena musical galega. Entre elas atópanse proxectos coma Sumrrá, Sumrrá & Niño de Elche, Trilitrate, Nacho · Faia · Lar, Orquestra Galega de Liberación, Ensemble Liberdade, Gallaecia Ensemble Barroco e Concerto das Donas, entre outros. Proxectos integrados por músicos e músicas de enorme talento creativo, que exploran diferentes linguaxes, estéticas e formas de entender a música.
Desde a música antiga ata as linguaxes contemporáneas, estas propostas forman parte do meu universo musical e profesional, un universo que me gusta compartir, conectar e facer medrar a través da colaboración e da creación de novas redes.
Este ano, no marco de Maré, teño a especial satisfacción de representar e participar con tres proxectos que son unha boa mostra da diversidade, a creatividade e a forza da escena musical galega: Trilitrate, FAIA, Orquestra Galega de Liberación e SUMRRÁ.
É un pracer formar parte de Maré e contribuír, desde o meu traballo, á visibilización e circulación de proxectos artísticos galegos, creando pontes entre artistas, públicos, profesionais e diferentes contextos culturais.