María Marín
Flamenco · Sevilla
Sábado 26 de setembro · Centro Sociocultural Maruxa e Coralia
Cantaora, guitarrista e compositora de Utrera, é unha das voces máis singulares do flamenco actual. Destaca por combinar o dominio do toque clásico e o cante dende unha mirada profundamente persoal.
Co seu proxecto discográfico “Las Tres Marías”, actualiza a tradición flamenca mesturando influenzas clásicas e contemporáneas, creando un universo artístico propio no que conviven a música de raíz, a innovación e a vangarda.