Maro
Portugal
Multi-instrumentista, compositora e produtora de Lisboa. Graduada da Berklee College of Music (Boston) en 2017, a artista portuguesa debutou oficialmente no 2018, lanzando cinco álbumes + un EP. Máis tarde uniuse a Jacob Collier no seu DJESSE World Tour 2019, como parte da banda. Nestos anos, MARO ten teloneado a moitos artistas, incluidos Jessie J, Charlotte Cardin e ¿Téo?, e ten agotado entradas en Portugal, España, Brasil, México e EE. UU.
Máis recentemente, MARO gañou o Festival da Canção e representou ao seu país en Eurovisión (2022) con “saudade, saudade”, garantizando un lugar no top 10. Tamén lanzou “can you see me?”, un álbum que amosa unha nova faceta, con influencias do pop, trap, world & folk.
Acaba de lanzar “hortelã” (31 de marzo de 2023), dando vida a unha versión íntima e despoxada das súas cancións máis recentes, nunha liña de folk acústico. Maiormente en portugués, este disco foi gravado en formato trío, cos guitarristas cataláns Darío Barroso & Pau Figueres, que a acompañan na súa xira de presentación española.