Marta Alonso Tejada

Marta Alonso Tejada é creadora e intérprete escénica, coreógrafa e xestora cultural. Dirixe a compañía MARTAALONSOTEJADA e, desde IS·MO Cultura, ABANEA, o festival autonómico de danza en espazos non convencionais que percorre distintos concellos galegos.

O seu traballo pon no centro a participación do público, o diálogo entre disciplinas e a relación da creación co territorio. Desde ABANEA impulsa encontros entre artistas e comunidades e novas formas de achegar a danza á cidadanía.

www.abanea.gal