FESTIVAL DE ARTES E MÚSICAS ATLÁNTICAS

MATE GALIZA

Santiago de Compostela

25-29 setembro 2024

Expansión Profesional en MARÉ

MARÉ medra nesta V edición incorporando un espazo profesional que pretende ser unha plataforma para a promoción, proxección e desenvolvemento de artistas, profesionais e empresas culturais e creativas.

Rede Europea MATE

O festival MARÉ forma parte da Rede Europea MATE, que vencella as cidades de Coimbra (Portugal), Tesalónica (Grecia) e Santiago de Compostela (Galiza) co obxectivo común de promover a intersección entre Música, Arte, Tecnoloxía e Educación.

Encontro Profesional no MARÉ

MATE organiza no marco do MARÉ un encontro profesional das industrias culturais e creativas, con especial foco no sector da música. Programadores de máis dunha decena de países estarán presentes no festival para coñecer artistas e profesionais en diferentes programacións: concertos, reunións comerciais, charlas, conferencias, presentación de proxectos (pitching), obradoiros (workshops) e mentorías.

Fomento da Creatividade e Innovación

MATE quere fomentar a creatividade e a innovación poñendo en valor o coñecemento, a formación, titorización e creación de empresas dentro do ámbito das industrias culturais e creativas, cunha visión que valoriza os principios da diversidade, inclusión e sostenibilidade. É unha plataforma para promocionar o talento emerxente, promover as colaboracións e as oportunidades de negocio e traballo.

Un Gran Encontro de Diversidade

MATE e MARÉ fortalécense e intégranse nun gran encontro onde a diversidade de públicos enriquece a experiencia, significando un festival innovador e ampliando o seu impacto. Público xeral e profesionais do eido da cultura e a creatividade desfrutarán e aproveitaranse do seu programa conxunto.

Programa Workshops en Culturgal 2024
 
Culturgal é a Feira das Culturas Galegas. Un espazo de encontro entre os públicos e creadores, empresas, artistas, xestores culturais, programadores e institucións culturais de Galicia. Un lugar donde, anualmente, se reúnen todos os axentes da cultura galega para debater, coñecer e conectar proxectos e ideas.
 
No Culturgal 2024, MATE organiza 8 obradoiros (workshops), nunha programación especial que conta coa participación de poñentes de recoñecido mérito profesional nas áreas de xestión, contratación, promoción e produción, igualdade e equidade de xénero nas ICC, inclusión social a través da arte e accesibilidade na comunicación.
 
Este programa ofrece interesantes e prácticas charlas e obradoiros dirixidos a profesionais das industrias culturais e creativas, estudantes, emprendedores, artistas e creadores.
logo ministerio de cultura
logo plan de recuperación