MARÉ medra nesta V edición incorporando un espazo profesional que pretende ser unha plataforma para a promoción, proxección e desenvolvemento de artistas, profesionais e empresas culturais e creativas.
O festival MARÉ forma parte da Rede Europea MATE, que vencella as cidades de Coimbra (Portugal), Tesalónica (Grecia) e Santiago de Compostela (Galiza) co obxectivo común de promover a intersección entre Música, Arte, Tecnoloxía e Educación.
MATE organiza no marco do MARÉ un encontro profesional das industrias culturais e creativas, con especial foco no sector da música. Programadores de máis dunha decena de países, estarán presentes no festival para coñecer artistas e profesionais en diferentes programacións: concertos, reunións comerciais, charlas, conferencias, presentación de proxectos (pitching), obradoiros (workshops) e mentorías.
MATE quere fomentar a creatividade e a innovación poñendo en valor o coñecemento, a formación, titorización e creación de empresas dentro do ámbito das industrias culturais e creativas, cunha visión que valoriza os principios da diversidade, inclusión e sostenibilidade. Unha plataforma para promocionar o talento emerxente, promover as colaboracións e as oportunidades de negocio e traballo.
MATE e MARÉ fortalécense e intégranse nun gran encontro donde a diversidade de públicos enriquece a experiencia significando un festival innovador e ampliando o seu impacto. Público xeral e profesionais do eido da cultura e a creatividade, desfrutarán e aproveitaranse do seu programa conxunto.
O programa terá continuidade, no mes de Outubro, nun encontro que ofrecerá interesantes e prácticas charlas e obradoiros dirixidos a profesionais das industrias culturais e creativas, estudantes, emprendedores, artistas e creadores.
PRODUCE
SOCIOS
FINANCIADO POR