Diversidades
Coidar a terra é coidar a vida.
Un festival que coida a cultura tamén debe coidar o mundo onde habita. En Maré comprometémonos a reducir a nosa pegada ecolóxica, a promover prácticas sostibles e a defender formas de vida conectadas coa terra. A crise climática tamén é cultural: ten que ver con como nos relacionamos co entorno, co consumo e co tempo.
Grazas por formar parte.