Misa "El Bosque Negro": Alejandro Vargas & Gino Sitson

Domingo 27 de setembro · Igrexa da Universidade

Alejandro Vargas e Gino Sitson traen ao festival Maré a estrea mundial “O bosque negro”. Un concepto de concerto que nos transporta a unha misa negra entre África e Cuba, expandida a través da voz e do piano. Unha improvisación selvática a través do jazz, na que a natureza se manifesta a través dos cantos, os sons líricos, os sonetos e as historias que falan do bosque.