Nacho · Faia · Lar
Galiza
“De não saber o que me espera”: este é o nome que da título ao proxecto musical feito por Nacho Muñoz(piano e eléctrónica), Faia Díaz (voz) e Lar Legido (batería). Tres artistas referentes da vangarda musical galega que veñen colaborando xuntos dende 2019 para ofrecer ao público unha renovada visión sobre o repertorio musical do recoñecido cantante portugués Zeca Afonso.
Un proxecto para o que contan coa produción sonora de Hevi (Malandrómeda) e co que manteñen mais vivo que nunca o legado deste célebre artista neste ano 2024 no que se conmemora o 25º Aniversario do seu pasamento.
Despois do concerto do trío, a portuguesa Ana Lua Caiano presentará o seu primeiro álbum “I’m going to stay in this square”.