Maré, Músicas e Artes Atlánticas
Maré, un festival, un océano de experiencias · Santiago de Compostela · Cidade Patrimonio da Humanidade · Música e outras artes de vangarda · Laboratorio de ideas e promoción de novos talentos · Lugar de (re)encontro e celebración da diversidade
Benvidos a MARÉ, o Festival das Músicas e Artes Atlánticas
Do 25 ao 29 de setembro, a V edición do Festival MARÉ chegou a Compostela co obxectivo de catalizar os vínculos culturais de Galiza co mundo, que van desde ás conexións musicais ás lingüísticas, pasando polas emocionais, históricas e simbólicas.
Con dúas décadas de vida, MARÉ chegou en 2020 a Compostela para visibilizar unha cidade que se proxecta ao mundo a través de camiños de ida e volta nun diálogo intercultural entre ambos lados do Atlántico.
Un festival de calidez e proximidade
MARÉ é un festival que promove a calidez e a cercanía e unha integración na cidade achegándose coidadosamente ao Patrimonio. Tanto no aspecto arquitectónico e paisaxístico, como no aspecto emocional intanxible, tecendo vínculos con comunidades musicais emblemáticas de Compostela. Unha idea de cultura extensiva, afastada dos macroaforos, na que o público vive a experiencia da cercanía cos artistas.
Espazos emblemáticos da cidade
O Festival MARÉ programa en ata media dúcia de espazos diferentes. Desde espazos emblemáticos ao aire libre, como a Praza da Quintana ou a Praza de Mazarelos, ata espazos que conforman o tecido patrimonial histórico da cidade como o Teatro Principal ou o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). A estes espazos sumaranse espazos privados ben coñecidos como a Sala Capitol ou a Casa das Crechas, entre outras salas.
Programadores internacionais e encontros culturais
Arredor de vinte programadores internacionais de máis dunha decena de países están presentes en Compostela durante este evento, para protagonizar encontros diversos. Un deles é o Encontro MATE, a rede europea arredor da cultura e o territorio que, con MARÉ como epicentro en Galiza, conectará Compostela con Tesalónica en Grecia e Coimbra en Portugal.
Día Europeo das Línguas
Así mesmo, un festival que programa músicas dunha decena de línguas diferentes, tampouco é alleo á celebración que supón o Día Europeo das Línguas (26 de setembro), que cada ano ten o seu espazo de celebración dentro da programación, para dar conta da multiculturalidade lingüística que nos rode
Un encontro artístico e social
MARÉ é un concepto que promove o encontro artístico e que presta atención á inclusión social, o feminismo, á diversidade sexual, ás comunidades locais ou á sostibilidade ambiental. Unha oportunidade para descubrir novas propostas e provocar colaboracións inéditas entre artistas convidadas e convidados.
Máis de 30 bandas e 200 artistas en cinco días
Ao longo de cinco días, por MARÉ pasaron máis de 30 bandas, con aproximadamente 200 artistas enriba dos diferentes palcos, procedentes de alo menos dez países distintos.
Programadores internacionais e encontros culturais
Arredor de vinte programadores internacionais de máis dunha decena de países están presentes en Compostela durante este evento, para protagonizar encontros diversos. Un deles é o Encontro MATE, a rede europea arredor da cultura e o territorio que, con MARÉ como epicentro en Galiza, conectará Compostela con Tesalónica en Grecia e Coimbra en Portugal.