O Rabelo
Galicia
O Rabelo é un dos creadores trans galegos máis destacados da actualidade. Fusiona tradi, rap e reguetón. O artista de Cerdedo (Pontevedra) defínese coma antifascista, transfeminista e anarquista, a favor da tenrura, os cuidados e a violencia reactiva.
O seu proxecto musical comezou en 2019 a cabalo entre a regueifa, a improvisación tradicional e o freestyle. Desde entón ten publicado unha maqueta, “Que prenda a faísca” (2020, Arte Calavera), e un LP, “SUOR” (2022, prod. Petrowski). Leva ao escenario un espectáculo híbrido entre unha foliada e unha rave. Nestes anos redescubriu a maquillaxe e o uso da roupa para expresar a sua identidade como persoa non binaria a través do drag furry.