O verso liberado
Música e poesía | Galicia
Domingo 27 de setembro · Casa das Máquinas
A Orquestra Galega de Liberación atraca por primeira vez na Maré. Dirixida por Xacobe Martínez Antelo, este proxecto cumple agora 6 anos dende o seu nacemento en Compostela, e está composta por unha quincena de artistas que traballan de xeito multidisciplinar coa improvisación e coa composición a tempo real. Nesta ocasión, e da man de Silvia Penas, Luis Kaf e Peter Brea, presentan conxuntamente o “Verso Liberado”, unha proposta en torno á palabra, a poesía e a voz.
Elena Vázquez, violín.
María José Pámpano, violín, viola.
Macarena Montesinos, cello.
Saul Puga, contrabaixo.
Javier Pereiro, trompeta e fliscornio.
Diego Alonso, saxos.
Xosé Miguélez, saxos, gaitas.
Rosolino Marinello, clarinetes e saxos.
Olivier Cano, saxos e frautas.
Manuel Cebrián, guitarra.
LAR Legido, batería e obxectos.
Carlos Freire, batería.
Silvia Penas, verso.
Luis Kaf, verso.
Peter Brea, verso.
XMA, condución.
Alba Fdez. Cotelo, corpo en movemento.