Parque de Bonaval
Escenario Xacobeo 21 · 22
Costa de San Domingos 3, 15703 Santiago de Compostela.
Sede principal do festival.
O Parque de San Domingos de Bonaval será o epicentro do festival Maré 22. Este grande espazo verde, rehabilitado cun proxecto da arquitecta galega Isabel Aguirre e o portugués Álvaro Siza, posúe unha ubicación privilexiada. Próximo á Porta do Camiño, ao seu carón atópanse o Museo do Pobo Galego, o convento e a igrexa desacralizada de San Domingos co Panteón de Galegos Ilustres e o Centro Galego de Arte Contemporáneo.
Outros lugares do festival: Praza de Mazarelos (Sede principal do Día Europeo das Linguas), Auditorio de Galicia, Teatro Principal, Sala Capitol, Igrexa da Universidade, Sala Riquela, Praza de Quintana e Casa das Crechas.
Concertos no Parque de Bonaval
Venres 23 – a partir das 19:30h