PARTICIPACIÓN
Cando estar é tamén construír.
Maré entende a cultura como un dereito colectivo que se exerce participando. Non cremos nun festival que se contempla desde a distancia, senón nun espazo compartido onde o público tamén constrúe, cuestiona, propón. A participación non é só presenza: é implicación activa, crítica e creativa. Maré é lugar para estar, pero sobre todo para estar xuntas.
Grazas por formar parte.