Un dos recunchos máis emblemáticos de Compostela, a Praza das Praterías —aos pés da fachada sur da Catedral— é historia feita pedra e eco. Rodeada de arte, tempo e espiritualidade, convértese durante Maré nun escenario único onde a música dialoga co patrimonio, a cidade e a xente.