Unha praza con historia, aberta, viva. Mazarelos é o pulmón ao aire libre do festival, o lugar onde a música sae á rúa para atoparse co común. Concertos gratuítos, abertos a todos e todas, onde a diversidade cultural se celebra en pleno corazón da cidade histórica. Aquí a marea chega sen entradas: con presenza basta.